Skip to main content
ChantadaDeportes RIBEIRASACRAXAO Saviñao

Chega o ciclismo de competición a Ribeira Sacra

Por 17 Maio, 2021Sin comentarios

O vindeiro domingo 23 de maio volve o ciclismo de competición ás estradas da Ribeira Sacra. Escairón, O Saviñao, será a partida do IV Gran Premio Máster Ribeira Sacra.

O club Ciclista Chantadino organiza unha nova cita para as categorías Master 60, 50, 40 e 30. A carreira partirá ás 11.00h e só é para deportistas federados. O Campionato de Estrada Master terá un límite de 200 participantes e a data límite para poder inscribirse é o vindeiro mércores 19 de maio.

O evento conta co apoio de Ciclismo Galego, dos concellos de Chantada e O Saviñao e moitos outros patrocinadores, na meirande parte, negocios da comarca.