Skip to main content
Sarria

Sarria organiza actividades para celebrar as Letras Galegas

Por 14 Maio, 2021Maio 19th, 2021Sin comentarios

O Concello de Sarria vai levar a cabo durante o domingo 16, o luns 17 e o martes 18; unha serie de actividades no Salón de Actos da Casa da Cultura, en homenaxe á poeta sarriá Xela Arias.

A xornada do domingo comezará ás 19 horas cun recital poético de Xela Arias, seguido da proxección documental Vencerse é cousa de se tratar, ás 20 horas, que emitirá a imaxe da escritora na súa localidade natal, Sarria.

O luns 17 de maio ás 12 horas, Marcos Escudero chegará a Sarria para amosar Xela Arias con area, uns debuxos de area nos que ilustra a obra da poeta. A continuación, Eloi Caldeiro presentará o disco O equilibrio dos tigres, no que musica dez poemas de Denuncia do equilibrio e Tigres coma cabalos, onde sae unha Xela máis rockeira. Así mesmo, non é a primeira vez que Caldeiro musica a escritores aos que se lles adica o Día das Letras Galegas, xa que foi algo que fixo con María Mariño e con Ramón Piñeiro, entre outros. Con Xela, sen embargo, é diferente, xa que ambos naceron en Sarria e incluso chegaron a coñecerse persoalmente.

Finalmente, as actuacións rematarán o martes 18 de maio ás 12 horas na Rúa Xela Arias, no Xardín Capela S. Lázaro cos Camiños literarios de Xela Arias.