Skip to main content
O Incio

Seguen os traballos de mellora nas estradas de Santalla de Bardaos

Por 31 Maio, 2021Xuño 1st, 2021Sin comentarios

O Concello do Incio está a levar a cabo a execución dos traballos de mellora na pavimentación de acceso a Santalla de Bardaos, que precisaban ser reparados debido ao seu desgaste. 

As obras consisten na extensión e compactación de mestura asfáltica en quente nun tramo de 465 metros, antes en rego asfáltico deteriorado, e na limpeza de cunetas. 

Esta actuación enmarcase dentro do Plan Marco de mellora de camiños municipais 2020-21 do Concello do Incio. 

En concreto, refírese ao mantemento e mellora de camiños en Santalla, que alcanza un investimento total de 19.000 euros. O proxecto inclúe tamén o mantemento e mellora de camiños en As Cortiñas e Romariz e alcanza un investimento total de 56.902,67 dos cales 47.027,00 euros son achegados polo AGADER e a parte restante polo Concello.

As obras foron adxudicadas a Ovisa Pavimentos y Obras SLU e está previsto o seu remate nos vindeiros días.

Ademais destas obras, o Concello ten previsto acometer outras similares en diferentes puntos do municipio de mellora da rede viaria municipal das que irá dando conta.