Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

A ADR Comarca de Lugo organiza a Semana Europea da Xuventude

Por 20 Maio, 2021Sin comentarios

A Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo como punto multiplicador Eurodesk celebra a Semana Europea da Xuventude organizando varias actividades para mozos e adultos.

Cada ano celébrase a Semana Europea da Xuventude, e neste ano 2021, será a semana do 24 ao 30 de maio. Durante esa semana celebraranse varios eventos emocionantes e sesións inspiradoras en toda Europa, centrados no tema O noso futuro nas nosas mans. O futuro créase agora e tes o poder de establecer obxectivos e contribuír a iniciativas sobre como mellorar as cousas. Ademáis, este ano haberá novos programas da UE para a xuventude 2021-2027. O novo Erasmus+ e o Corpo Europeo de Solidariedade poden ofrecer unha oportunidade para participar máis na sociedade, contribuír ás causas ecolóxicas, afrontar os futuros desafíos con mellores capacidades dixitais e ser máis inclusivos e abertos cara á diversidade.

O tema O noso futuro nas nosas mans foi elixido porque se cre necesario que os mozos teñan un papel activo e fagan un esforzo por un mañá mellor, cunha sociedade máis inclusiva e o medio ambiente como tema vital. É importante crear un espazo no que os mozos poidan compartir as súas opinións e aprender acerca de novas formas e oportunidades de achegar contribucións significativas. Porque o teu futuro está nas túas mans.

A Semana Europea da Xuventude permite debatir sobre temas importantes para os mozos, presentar as oportunidades na UE no ámbito da mocidade e celebrar as historias de éxito. É o colofón das reunións europeas para os mozos e o sector da xuventude en Europa.

A ADR Comarca de Lugo como punto multiplicador  Eurodesk organiza o día 25 de maio de 2021 de 09:00 a 14:00 horas unha charla informativa dirixida a técnicos de concellos, responsables de organizacións e asociacións sen ánimo de lucro que ten o título de Temos todos os ingredientes para o teu proxecto Erasmus+ e que se impartirá no Edificio Administrativo Xunta Galicia – Salón de actos – Ronda da Muralla, 70 – Lugo.

Nesta charla presentarase a rede Eurodesk, o mapa de institucións europeas, así como os principais fondos comunitarios para a educación e formación. Tamén se falará da idea do proxecto con enfoque na inclusión e medioambiente, sustentabilidade, seguimento e avaliación. Por último, centrarémonos na difusión de resultados, xestión económica e administrativa.

O día 27 de maio de 2021 de 09:00 a 13:00 horas farase unha actividade no Centro Colaborativo de Friol dirixido a mozos da comarca de Lugo e arredores. A xornada titúlase O noso futuro nas nosas mans e preténdese dar a coñecer a Rede Eurodesk, o Corpo Europeo de Solidariedade e o Erasmus+: proxectos solidarios, intercambios xuvenís e  Youth  participation Activities. A media mañá farase unha sesión práctica ao aire libre: deseño dun proxecto solidario dedicado á preservación ambiental e dun intercambio europeo con enfoque na inclusión.

Doutra banda, tamén o día 25 de maio en horario de tarde, de 17:00 a 19:00 horas, impartirase no Centro Colaborativo de Friol unha sesión co título Non Age Hackers co obxectivo de poder facilitar ás persoas adultas o uso das TIC. É fundamental que os maiores tamén poidan beneficiarse das oportunidades da rede para comunicarse, informarse e acceder a servizos.

Según comenta o Presidente de Comarca de Lugo e Alcalde de Friol, José A. Santos, “se preguntamos a persoas maiores se algunha vez quedaron sen saber que facer cun teléfono, cun ordenador ou cunha tablet, apostamos a que a resposta é sí. Unha actualización que non se actualiza, unha mensaxe nova e descoñecida que non saben que lles quere dicir. No caso de persoas máis familiarizadas coas tecnoloxías e as súas ferramentas, adoitan liquidalo por pura intuición ou acudindo a Google para preguntarlle pero tamén hai moitas persoas adultas que non están aínda nese punto. E aquí é onde Non Age Hackers ten o seu sentido. Buscando a maneira de que estas persoas perdan o medo, poidan manexarse, saber como buscar e trebellar. En definitiva, poidan sacarlle todo o partido posible ás novas tecnoloxías e aos medios sociais”.