Skip to main content
As Pontes

As Pontes licita as obras de saneamento na parroquia de Bermui

Por 13 Maio, 2021Sin comentarios

A Xunta de Goberno Local do Concello das Pontes aprobou a semana pasada, cun orzamento de 107.720 euros, o expediente de licitación das obras de mellora do saneamento na parroquia de Bermui que inclúe, nesta primeira fase, a execución da estación depuradora e a canalización da rede ata os lugares de a Graña e O Caxado.

O colector principal discorrerá desde a parcela onde se situará a estación depuradora ata o núcleo da Graña, e conectarase co colector proveniente do núcleo de O Caxado a unha profundidade suficiente que garanta a conexión dos colectores que se executarán con posterioridade.

Para a depuración das augas residuais optase pola instalación dunha fosa séptica prefabricada dotada con filtro biolóxico, con tres compartimentos diferenciados, un primeiro compartimento para a decantación dos sólidos e a separación de escumas e graxas, un segundo compartimento para a metabolización da materia orgánica e finalmente o terceiro compartimento incluirá un filtro biolóxico para a depuración dos restos orgánicos.