Skip to main content
As PontesAxenda TERRACHÁXA

A maxia porá o punto final nas Pontes ao programa Xoves na Biblio

Por 26 Maio, 2021Sin comentarios

A biblioteca das Pontes remata mañá os Xoves na Biblio deste curso cun pouco de maxia. Hoxe toca… maxia!: un espectáculo sorprendente, misterioso, divertido e máxico para calquera ocasión e para todos os públicos a cargo da compañía Magia en la Manga.

Será ás 18.00 horas no auditorio municipal Casa Dopeso e está dirixida para nenos e nenas a partir de 5 anos. Necesitarase inscrición previa na Biblioteca Municipal (981 102 562).

“Moitas grazas a todos e todas por acompañarnos ao longo destes meses, esperamos que os espectáculos fosen do voso agrado. Xa estamos traballando na nova programación que empezará en outono”, din dende a organización.