Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Acordo para reclamarlle á Xunta a reposición de servizos no Hospital da Mariña

Por 25 Xuño, 2021Xuño 26th, 2021Sin comentarios

Aprobada por unanimidade na Comisión de Sanidade do Parlamento unha iniciativa do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que repoña as dúas prazas de radioloxía que permanecen vacantes no Hospital da Mariña. A iniciativa foi defendida pola parlamentaria socialista Patricia Otero, que incorporou unha transacción que propuxo durante o debate para garantir o proceso completo neste Hospital.

Otero acadou un acordo para incorporar á proposta aprobada e reclamarlle á Xunta que as probas de radioloxía, así como os resultados e os cribados de cancro de mama sexan avaliados, diagnosticados e tratados por especialistas no propio centro sanitario. A responsable socialista anunciou que “estaremos vixilantes” diante do cumprimento deste acordo diante das reticencias trasladadas na intervención do PP.

A responsable socialista explicou que o Hospital da Mariña conta actualmente con 5 prazas de radioloxía, pero só conta con 3 radiólogos, xa que os outros dous son trasladados dende o Hospital Lucus Augusti. Sinalou que “deberiamos ter 5 profesionais estables e propios na Mariña” para “darlle apoio a tódalas especialidades do servizo de radioloxía”.

Desmentiu que exista actualmente unha “atención completa e continuada no Hospital da Mariña”, xa que segundo a súa propia experiencia “dixéronme que o informe dunha mamografía sería derivado a Lugo”. Sinalou que as mulleres da Mariña viven esta situación con angustia, cando “se nos atopan algo estamos obrigadas a desprazarnos ata Lugo para ver ao especialista”.

Patricia Otero advertiu de que este é o resultado da desastrosa política de persoal do Sergas, cando “a última profesional foise recentemente a Asturias por un contrato de 3 anos que lle negan en Galicia”, onde están chamados á precariedade.

A parlamentaria da Mariña presentou esta iniciativa en resposta ao clamor dos usuarios e profesionais deste servizo, que están “asfixiados porque non poden garantir un servizo adecuado no hospital”, e teñen que “deixarse a pel para que todos estean ben atendidos”. Acusou ao goberno galego de “rirse de nós” ao provocar esta situación suprimindo a área sanitaria propia da Mariña, que pasou a ser un “distrito sanitario subsidiario do Hula”.

Denunciou o “desmantelamento” do que antes se coñecía como Hospital da Costa, e criticou que “ningún deputado do PP na Mariña viñera hoxe a defender a súa posición” porque, dixo, “cáeselles a cara de vergoña”.

Pola súa banda, o deputado do BNG Daniel Castro presentou unha proposta para restabalecer e garantir a atención sanitaria en quenda de tarde no Centro de Saúde de Burela, que está bloqueada desde hai quince días “ainda que o problema vén desde hai tempo xa que hai uns meses trasladouse a un facultativo á quenda de mañá para cubrir unha baixa provocando que a atención polas tardes se reducise a dous días, feito que se agrava ao levar xa dúas semanas suspendidas as consultas de tarde, sen dar ningún tipo de explicacións a usuarias e usuarios. Se a esto lle sumamos a absoluta falta de de vontade para aumentar a contratación de persoal sanitario para desprazados, compróbase claramente que temos unha comarca infradotada  en servizos sanitarios públicos” afirmou Castro.

PARTIDO POPULAR

A voceira de Sanidade do Grupo Popular desmontou “as falsidades” esgrimidas respecto deste asunto polos socialistas e deixa claro o compromiso do Goberno galego coa sanidade dos mariñaos.

Explicou que o Sergas preveu dende o primeiro momento a cobertura das dúas prazas vacantes. Destas, unha atópase en fase de resolución e, a outra, malia desenvolver a convocatoria pública pertinente, non foi posible por falta de profesionais

Con todo o servizo non se viu mermado e o obxectivo da dirección do hospital e da xerencia da Área Sanitaria e do Sergas “queda patente”, como tamén o demostra o investimento de 15 millóns de euros para continuar coa reforma do hospital