Skip to main content
Burela

Bumei Burela recibirá unha achega para o desenvolvemento de actividades

Por 14 Xuño, 2021Sin comentarios

A Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela recibirá unha achega este ano de máis de 200.400 euros. Este colectivo realiza actividades formativas e conta con aulas de formación propias.

Competencias básicas dixitais e comprensión oral nas linguas oficiais

Do total da axuda que a Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela recibiu a través da última convocatoria de entidades 2020-2022, 51.000 investíronse no apoio á inclusión básica, mentres que máis de 81.600 destínanse aos programas de apoio á inclusión sociolaboral e transición ao emprego. Entre outras iniciativas ás que se concederon subvencións atópanse as que buscan a alfabetización oficial e comprensión oral nas linguas oficiais de Galicia, o de competencias básicas dixitais, ou o de mediación social e intercultural, entre outros.