Skip to main content
Burela

A Plataforma Sanitaria da Mariña convoca una concentración en Burela

Por 23 Xuño, 2021Sin comentarios

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña convoca una concentración diante do Centro de Saúde de Burela o vindeiro martes 29 de xuño ás 12 horas en protesta polo desmantelamento  do servizo de atención en quenda de tarde.

“A quenda de tarde no Centro de Saúde de Burela é un servizo de recente creación, pois Burela era o único Concello da Mariña duns dez mil ou máis habitantes que carecía del. A quenda de tarde en Atención Primaria responde á necesidade que existe nas grandes vilas e ciudades de adaptar os servizos sanitarios ás quendas de traballo da poboación, sendo moi ben aceptadas polas veciñas e vecinos alí onde se implantaron”, din dende a plataforma.

Desde a súa creación foi aumentando o número de usuarios que escolleron este equipo asistencial, chegando  ás trescentas cartillas, o que significa un bó número de persoas  para un servizo incipiente. “Actualmente as citas para consultas en quenda de tarde están bloqueadas”, engaden.

“O abandono do servizo por parte do Sergas comezou hai uns meses cando pasaron ao facultativo á quenda de mañá para a cobertura dunha baixa e relegaron a atención en tardes a dous días . Desde hai quince días quedaron suspendidas as consultas  nas tardes e bloqueadas as citacións , sen dar explicacións  ás persoas usuarias”, din desde a plataforma sanitaria.

Desde este colectivo animan aos vecinos a que acudan á concentración, “pois só a mobilización e a presión social poden conseguir que o goberno da Xunta recúe nas súas pretensións de desmantelar á xa maltreita atención primaria. Á eliminación da asistencia  en quenda de tarde, súmase a negativa de contratar persal sanitario de desplazados nunha comarca que triplica a poboación nos meses de verán e á non substitución das vacacións do persoal nen outros permisos, polo que o pilar básico da atención sanitaria queda nunha situación de caos, que coma sempre afectará negativamente a veciños e veciñas.Non descartamos extender as concentracións a outras localidades da comarca”, conclúe a coordinadora da Plataforma, Montse Porteiro.