Skip to main content
Viveiro

Os traballos da Edar de Viveiro avanzan a bo ritmo

Por 22 Xuño, 2021Sin comentarios

Os traballos da obra da Edar de Viveiro avanzan a bo ritmo, así o constataron a alcaldesa,  María Loureiro García, e o 1º tenente de alcalde e concelleiro do Mar, Jesús Fernández Fernández.

Dende o goberno municipal lémbrase que estas actuacións, que fai a Xunta de Galicia a través de Fondos FEDER, forman parte dun primeiro proxecto que consistirá na ampliación da Edar, permitindo tratar as aguas de Celeiro na planta de Viveiro cun tratamento completo. 

Con respecto a estas actuacións, quérese facer constar que “o Concello fixo sempre, en tempo e forma, todas as tramitacións requeridas. Polo que atinxe aos trámites por parte de Costas, despois de que este Concello se interesara polo estado da tramitación, quérese facer constar que o último escrito enviado por Augas de Galicia á Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar é de data 24 de maio de 2021, polo que se entende que os trámites están a seguir o seu curso en prazo”, di Loureiro.

Asemade, con respecto aos aportes contaminantes na rede de saneamento, quérese facer constar que este Concello xa realizou a maioría das actuacións da súa competencia requeridas, ademais de realizar os trámites necesarios para eliminar os aportes industriais.