Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O CD Biosbardo suma un ouro e unha prata

Por 16 Xuño, 2021Sin comentarios

O club deportivo Biosbardo consegue resultados positivos esta pasada fin de semana en probas nacionais e internacionais co ouro de Iván Sangiao e co segundo posto de Roberto González.

Por un lado, Iván Sangiao conseguiu proclamarse campión senior da proba do campionato Ibérico, tamén chamado Transfronteriza, que une Rionor (Bragança) en Portugal e Figueruela de Arriba (Zamora) onde se acumulan 35 km na Sierra de la Culebra sumando tres mil metros de desnivel. Así pois, o lucense conseguiu cruzar a meta en 3 horas e 15 minutos.

Polo outro lado, na Riaño Trail Run (proba puntuable dentro do circuito da Real Federación Española de Atletismo que en 22km acumula máis de dous mil metros de desnivel) o atleta Roberto González loitou dentro da súa categoría conseguindo a prata no master.