Skip to main content
Lugo

A exposición Colección Aitor Merino xa se pode visitar no Vello Cárcere

Por 12 Xuño, 2021Sin comentarios

A exposición Colección Aitor Merino, que conta con máis de 100 pezas de distintos autores e estilos, que exploran a historia da arte e do mundo, poderase visitar no Vello Cárcere.

A mostra, que estará exposta ata mediados de setembro nas celas de home do Vello Cárcere, consta dunha selección de fotografías e debuxos en distintas técnicas (grafito, pasteis, acuarela, carboncillo, óleos, etc) de autores coma Ouka Leele, Joan Matamala i Flotats, Carlos Asensio, Bernardí Roig, José Pérez Ocaña, Joaquim Muntañola e Francesc Domingo, entre outros.

Outras actividades

Así pois, o Vello Cárcere tamén acolle outras actividades. O domingo 13 de xuño realizaranse dous obradoiros para nenos: o primeiro será de 11:30 a 12:30 horas e consistirá en creacións manuais relacionadas coa temática social semanal. Este está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos. O segundo, que se celebrará de 17:30 a 18:30 horas, é un obradoiro temático de actualidade semanal no que se tratan diversos contidos sociais, culturais e históricos e está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 9 anos.

Finalmente, realizarase un encontro literario, de 19:00 a 20:00 horas, para por en común, debater e analizar libros e textos relacionados coa temática semanal.