Skip to main content
Lugo

Chegan os campamentos de verán ao Vello Cárcere

Por 19 Xuño, 2021Sin comentarios

O Centro Sociocultural O Vello Cárcere acollerá un campamento urbán infantil de  verán, gratuito, no que se realizarán actividades de ocio, educativas e lúdicas.

O campamento está dirixido a nenos e nenas nados entre o ano 2010 e o ano 2018, ambos incluídos. O máximo número de participantes que se van a poder inscribir en cada semana é de 20 xa que se formarán grupos burbulla equitativos por idades. Así mesmo, dende a organización recordan que as nenas e nenos que opten a praza no campamento urbán de verán deberán de ser autónomos para ir ao baño, sen excepción.

O campamento urbán de verán realizarase nas instalacións do Centro Sociocultural O  Vello Cárcere (lugar na Praza da Constitución s/n), de luns a venres (quedando excluídos sábados e domingos).

As actividades organízanse por quendas semanais, que darán comezo o día 23 de xuño do 2021 e rematarán o 3 de setembro.

Os interesados e interesadas poderán solicitar praza nun máximo de tres semanas do total que se ofertan. Podendo sinalar, no caso de estar interesados, máis quendas para adxudicar as prazas vacantes, numerando a petición de prazas de acordo coa súa preferencia. As actividades darán comezo ás 10:15 horas e finalizarán ás 13:45 horas. Establécese un horario de chegada e un de recollida para facilitar dita tarea aos titores dos menores participantes do campamento.

O horario de chegada e benvida será de 10:00 horas a 10:15 horas. O horario de recollida será de 13:45 horas a 14:00 horas. A recollida dos participantes do campamento realizarase por parte das persoas que presentaron a inscrición, no caso de non ser así, a persoa que acuda debe estar autorizada mediante escrito polos pais ou titores do menor.

No campamento van primar os valores educativos, así coma a diversión e os xogos nun ambiente de respeto. Así pois, os participantes deberán seguir as normas e as directrices sinaladas en todo momento polos monitores e monitoras e responsables do campamento.

Dende a organización tamén piden que os asistentes que participen no campamento traigan roupa cómoda, ademais dun mandilón ou similar para protexer a roupa durante as actividades.

En canto á incrición, o impreso de solicitude e as bases estarán dispoñibles no propio Centro Sociocultural O Vello Cárcere de Lugo. Así pois, procederase ao peche de solicitudes de inscrición de cada quenda os venres da semana anterior ás 11 horas, sendo excepcional a primeira semana do 23 ao 27 de xuño, na que se admitirán solicitudes ata o martes día 22 de xuño ás 13:00h.

Para máis información pódese consultar a web do Vello Cárcere, chamar ao 982 297 195 ou preguntar no propio centro.