Skip to main content
Cultura SARRIAXASarria

Entrevista: “É o momento de facer o que nos gusta, na nosa casa”

Por 25 Xuño, 2021Febreiro 13th, 2023Sin comentarios

Dixie Blinders é un dos grupos protagonistas nas actuacións musicais de mañá das festas de San Xoán en Sarria.

Cando naceu o grupo?

Os Dixie Blinders é unha banda formada no ano 2020, estando de aniversario precisamente nestas datas.

Por que xurdiu a idea de crealo?

Fai aproximadamente uns dez anos, varios dos componentes desta formación crearon unha banda chamada The Distiller Dixieland Band, que estivo en activo durante un par de anos, e despois de tanto tempo, había ganas de volver a reencontrarse, con distintos integrantes, pero con ganas de festexar ao estilo anos 20.

Hai algún grupo que influencie na vosa música?

Centrámonos case exclusivamente nos inicios do Jazz, con autores como Jerry Roll, Kid Ory, Freddie Keppard, Buddy Bolden e como non, o gran Louis Armstrong.

É a primeira vez que o grupo actúa nas festas de San Xoán?

É a segunda vez, estreámonos o ano pasado precisamente durante a celebración de San Xoán, nun concerto no Malecón, e este ano repetimos pero en formato de pasarrúas.

Que significa esta actuación para vós?

É o momento de facer o que nos gusta, na nosa casa, intentando que se vexa o gran abanico de agrupacións culturais da vila de Sarria. Sempre é un pracer poder traballar na casa, e máis con estas circunstancias.

Tedes algún proxecto de futuro?

Estamos inscritos en varios ciclos de concertos, no que as datas aínda están por confirmar, xa que vai todo retrasado debido á situación que estamos a pasar, pero dentro de pouco poderemos levar a nosa música a distintos lugares da comunidade.

Tedes algunha novidade en relación a estos concertos?

Por un lado temos cambios de componentes, debido ás situacións personais de cada integrante, sempre hai movemento nas filas deste tipo de agrupacións. Por outro lado, cambiamos e melloramos o repertorio, intentando facer mais partícipe ao público do noso espectáculo.

Que supuxo a covid para o voso grupo?

A covid supuxo, a pesares de soar un pouco raro, a creación desta banda. É decir, a maioría tiñamos e temos outro tipo de formacións que non puideron actuar e sen vistas a poder facelo de xeito regular, así que decidimos montar esta agrupación para crear unha variante en todo este “desastre” que está sufrir a cultura. Segue a ser unha situación difícil, e todos as sufrimos, no persoal e no profesional, pero na música atopamos sempre algo que nos fai o camiño máis suave.