Skip to main content
Sarria

Dende o PP de Sarria instan ao goberno a limpar o río Celeiro

Por 9 Xuño, 2021Sin comentarios

O grupo municipal do PP de Sarria denuncia o mal estado no que se atopa o río Celeiro en Sarria, na zona da Estación. Así pois, dende o Partido Popular instan ao goberno local a limpalo e lamentan “a imaxe de Sarria para os peregrinos que se incorporan ao Camiño dende a estación de ferrocarril”.

Ademais, defenden que o cauce do río é tapado pola vexetación, algo que reflexa “abandono e desidia no mes de San Xoán”. Así mesmo tamén consideran que presenta unha imaxe de abandono o paseo de Celeiro.