Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Felipe Barata, elixido director do CIP Doutor López Suárez de Friol

Por 30 Xuño, 2021Sin comentarios

Felipe Barata vén de ser elixido director do CPI Doutor López Suárez, en substitución de Asunción Franco, que comeza a súa xubilación.

“Como veciño e alcalde do Concello de Friol, e como pai de alumna do CPI Doutor López Suárez, quero ter unhas palabras de agradecemento para Asunción Franco, unha persoa que adicou gran parte da súa vida laboral a formar parte da poboación moza no noso centro educativo. Realizando ademais as labores de dirección, para que todo funcionase da mellor maneira posible”, indicou José Angel Santos.

“Este último curso, foi máis difícil se cabe, á causa da situación sociosanitaria que todos sabemos que nos tocou vivir, pero o seu esforzo e dedicación foi imprescindible para que non xurdiran problemas maiores (Tamén foi importante o traballo e esforzo de todos e todas as profesionais e os alumnos e alumnas do CPI)”, engadiu.

“Quero aproveitar para dar a benvida á dirección do centro público do noso municipio a Felipe Barata, unha persoa con grandes valores, que xa conseguiu facer moito por gran parte do alumnado de Friol, facendo que este amase o deporte en xeral, e o atletismo en particular, tal e como o fai el”, concluiu.