Skip to main content
A Pastoriza

Entregados na Pastoriza os premios do certame infantil das Letras Galegas

Por 8 Xuño, 2021Sin comentarios

O alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, e o voceiro do Goberno, Constantino Fernández Leira, fixeron entrega dos premios do concurso de narración e debuxo infantil con motivo das Letras Galegas na súa fase local.

Así, en debuxo, na categoría A, ata 8 anos, os premios corresponderon a Alma Fernández Valderrama, Ariana Prieto Fernández e Guilia Nicole Moreira Martínez. A elas sumáronse os accesit de Xiana Veiga Rigueira e Yousra El Manyary.

No grupo de 9 a 11 anos (categoría B) os galardóns corresponderon a Emma Capón Cabaneiro, Xoan Zoe Riveira Pego e Assia Daryiss con accesit para Zaida García Seco.

Finalmente, no grupo de maiores o primeiro foi para Noa García Teijeiro, seguida de Lucía María García Sandamil e Esmeralda Anello Rodríguez. Tamén houbo un accesit para Izia Capón Cabaneiro.

No apartado de narración só houbo premio na categoría B, para Xoan Zoe Riveira Pego, que obtivo o segundo en debuxo.

O xurado estivo composto los membros da directiva do colexio Constantino Fernández Leira, María Teijeiro Teijeiro e Vanesa López García; ademais da bibliotecaria Digna Iglesia Aguiar.

Os galardóns consistiron en libros.