Skip to main content
Deportes AMARIÑAXA

A praia de Esteiro acolle a Liga Galega Open Máster e Sub 18 de Longboard

Por 29 Xullo, 2021Sin comentarios

A praia de Esteiro en Xove acollerá o sábado 31 de xullo a I Proba da Liga Galega Open Máster e Sub 18 de Longboard. As inscrición deberán formalizarse na web https://forms.gle/Xu7MpxNWbosYuupJ8 antes das 13.00 horas de mañá día 30.

Debido á situación sanitaria haberá checking e o uso de máscara e obrigatorio en todo o evento a excepción do momento de entrar na auga. Aqueles que aínda non estean federados deben federarse antes deste venres.

O campionato podera ser aprazado por mor das condicións meteoroloxicas.