Skip to main content
Barreiros

Sanidade califica de excelentes as praias de Barreiros

Por 16 Xullo, 2021Sin comentarios

O corpo de inspectoras de Saúde Pública, nun dos primeiros controis sanitarios que se fan durante a tempada estival, emitiu un informe favorable sobre o estado das mesmas, e na súa acta de control oficial  non figura nen un só defecto a subsanar, cualificándoas como excelentes.

Durante a tempada estival, que a efectos de Saúde Pública exténdese desde xuño ate setembro, adóitanse facer varios controis  do estado dos areais, nos que se inclúe a cualificación do estado da auga de baño, a limpeza das praias, a comprobación da existencia dun protocolo de medidas covid , a limpeza das instalacións e a supervisión da información que se dá a usuarios e usuarias, mediante un único cartaz con infogramas e normas en varias línguas. 

A concelleira de Saúde Pública, Montse Porteiro  manifestou  “unha enorme satisfacción ao comprobar que o arduo traballo de meses para que as praias estén nas mellores condicións de limpeza e salubridade posibles é compensado e cualificado pola inspección da Xunta como excelente, cun resultado numérico de 1, o que significa o nivel máis alto de optimidade “.

O goberno de Barreiros desexa que tanto as persoas residentes como as visitantes desfruten das súas  marabillosas praias de forma responsable e cumprindo todas as medidas sanitarias , “pois esta é a única forma de  poder incorporarnos a una vida máis normal e de garantir que esta explosiva variante da infección se expanda e obrigue a adoptar medidas máis restritivas”.