Skip to main content
Lugo

Continúan os obradoiros infantís ata setembro no museo MIHL

Por 26 Xullo, 2021Xullo 27th, 2021Sin comentarios

Continúan os obradoiros infantís do museo MIHL Veranearte. A duración dos campamentos será ata o vindeiro 3 de setembro e organizarase durante todas as semanas -de luns a venres-. As xornadas están dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos que se dividirán en dous grupos; por unha beira o grupo A, nenos e nenas de 4 a 7 anos, e polo outro, o grupo B, nenas e nenos de 8 a 12 anos.

O horario no que se levará a cabo será de 10.30 a 13.30 horas e, dependendo do día, realizaranse diferentes temáticas. A inscrición é gratuíta e hai que apuntarse no número de teléfono 982 297 446.

Temáticas

O luns será o turno de aprender sobre prehistoria a través de xogos e actividades. Desta maneira, comezarase coñecendo a pintura rupestre e rematarase facendo unha réplica en arxila modelale da máscara teatral que se amosa no museo.

O martes a temática é de arqueoloxía onde os nenos e nenas poderán facer un xogo romano. Comezarase cunha excavación nos areeiros para, posteriormente, realizar o xogo do muíño -xogo romano similar ao tres en raia-.

O mércores os participantes disfrutarán a través da exposición dos playmóbil do museo e empregarán pezas cedidas pola organización da exposición. Farase, así mesmo, unha visita guiada á exposición e a continuación realizarase un diorama.

O xoves realizarase unha escultura en móvil Calder e a xornada concluirá coa ensinanza de movementos de vangarda e do cubismo.

Para rematar, o venres será o turno da arquitectura. Os nenos e nenas participantes realizarán unha maqueta do MIHL, despois de coñecer o museo en profundidade.