Skip to main content
Lugo

O Facela Fest celebrarase o 27 e 28 de agosto

Por 26 Xullo, 2021Sin comentarios

Despois dun ano de parón, volta o Facela Fest coa súa quinta edición. O festival de música alternativa, celebrado en Lugo, xunta a numerosos artistas en dous días cheos de música e bo ambiente, para disfrutar dunhas xornadas de ocio e de lecer.

Este ano chega nos días 27 e 28 de agosto ao exterior do auditorio Gustavo Freire. Así mesmo, a cita musical contará con artistas de alto nivel que levarán a cabo actuacións únicas e irrepetibles. Algúns dos nomes dos artistas que participan son Chucho, un grupo español de indie rock que naceu despois da desaparición do grupo Surfin’ Bichos, Soleá Morente, cantante que combina a herdanza da cultura flamenca da familia Morente con influencias de pop rock ou incluso de rock alternativo, Mujeres, Parquesvr, Menta e Pelazo, entre outros.

Unha cita de música alternativa en Lugo que naceu fai cinco anos e que xunta un compendio de grupos locais, bandas que están crecendo e grupos consagrados, nun espazo no que se poderán levar a cabo todas as medidas sanitarias.

Así mesmo, dende a organización apóstase pola diferenciación e a calidade, onde prima a cultura por enriba de todo. Por esta razón o que se busca é un festival diferente, novo, orixinal e sorprendente no que, ademais de disfrutar de grupos máis coñecidos no panorama nacional, poidas descubrir o talento e a valía de artistas e grupos de creación recente con moito que aportar.