Skip to main content
Bóveda

O PSOE de Bóveda denuncia o peche durante tres días á semana da oficina Abanca

Por 14 Xullo, 2021Sin comentarios

A voceira socialista de Bóveda, Carmen Macía criticou hoxe a “deixadez do alcalde e de todo o seu Goberno, xa que vimos de coñecer que a oficina de Abanca vai pechar durante tres días á semana, remitindo aos seus usuarios aos Concellos de Sarria e O Incio”.

“Unha vez máis o noso concello perde servizos, mentres o noso rexedor mira cara outro lado, deixando á veciñanza completamente desatendida. Ademais, hai que ter en conta que na nosa vila hai moita poboación de idade avanzada, que non se manexan coas canles dixitais alternativas, e coa nova política da entidade financeira que limita as retiradas de efectivo ás 11.00 horas”, sinala.

“Non todas as veciñas e veciños poden permitirse o luxo de trasladarse a outros Concellos para realizar unha tramitación bancaria. Por iso, instamos ao alcalde a que se poña as pilas e inicie negociacións con Abanca para poder solventar esta situación”, insistiu a voceira socialista.

“Non podemos nin debemos quedarnos de brazos cruzados cando se están pechando servizos, aínda que neste caso sexan privados, queremos vivir e traballar no rural, pero dende logo coa deixadez e a desidia do Goberno de Feijóo cara aos concellos do rural, como queda demostrado, non podemos vivir”, insistiu.