Skip to main content
ChantadaMonforteO Saviñao

Tres polígonos da comarca reciben unha achega

Por 9 Xullo, 2021Sin comentarios

A Xunta aprobou axudas que suman preto de 687.300 euros para impulsar obras de mellora en oito polígonos industriais de Lugo.

A resolución da orde de achegas dirixidas a concellos para modernizar as infraestruturas dos parques empresariais beneficiará aos municipios de Cervo, O Saviñao, Monforte de Lemos, Chantada, Begonte, Monterroso, A Pontenova e Rábade, onde grazas a estas axudas prevese unha mobilización final nos proxectos de 1,1 millóns de euros.

Así se conceden 120.000 euros para o acondicionamento e ampliación dun camiño público no parque industrial do Reboredo (Monforte de Lemos) e igual contía para ampliar a EDAR da área Acivros (Chantada).

No Saviñao investiranse 40.900 euros para actuar nos accesos ao parque do Peago.

As axudas poden alcanzar ata o 80% do importe dos proxectos cun límite de 120.000 euros para solicitudes individuais. Entre outros criterios, valórase de xeito especial que os solicitantes sexan Concellos Emprendedores.