Skip to main content
Cultura SARRIAXASarria

Entrevista: “A privatización eléctrica leva a Sarria a unha hipoteca de 20 anos”

Por 24 Xullo, 2021Febreiro 13th, 2023Sin comentarios

Jose Antonio García, voceiro en Sarria polo Partido Popular, explica a xestión de Camiña Sarria a través de actuacións que se están a levar na actualidade na propia vila.

Fai anos que pechou a ponte Ribeira e non se puido levar a cabo o proxecto da pasarela da ponte, que solucións propoñedes dende o partido popular?

Nós cremos que a solución que propoñemos nós é a que quere a maioría da vila de Sarria e é a de que se reconstrúa a ponte Ribeira coa ampliación que estaba prevista, é dicir, que se reconstrúa o proxecto que xa había e que foi aprobado e licitado no ano 2018. Este proxecto conta con todos os informes favorables, tanto de patrimonio coma de Confederación Hidrográfica, polo que se permite nela o paso rodado e recuperar a rúa do Peregrino coma estaba antes da obra.

Cal foi o problema entón?

O problema que ocorreu é que hai sete anos paralizouse a súa reconstrución por unha denuncia na que se acusaba a ese proxecto de ser un delito patrimonial, unha denuncia que fixeron uns veciños de Sarria, entre os que se atopa a actual concelleira de cultura do Concello de Sarria.

Cremos que Camiña Sarria leva mentindo dende un primeiro momento. Despois no 2019, presentáronse ás eleccións dicindo que tiñan a solución para ponte Ribeira: a construción dunha pasarela por parte do exército. Dous anos despois está claro que Garrido só dixo iso como unha solución rápida.

Unha vez no cargo dixeron, dende o goberno, que realizarían unha pasarela provisional e que tiñan todos os permisos para facela. A continuación, sinalaron que faltaba o permiso de patrimonio para, posteriormente, anunciar que non facía falta e que se iban a iniciar as obras. Ahora, o que decían era que para o ano que vén farían un paso a pé, un paso a pé que naide quere. A poucos metros está a pasarela do hotel que xa é un paso a pé. Para que queremos un paso a pé? O que necesitamos é a ponte con tráfico rodado e reconstruíndo a rúa Peregrino que foi a que se denunciara. Por todo isto, seguimos defendendo a nosa idea da reconstrución da ponte co acceso de tráfico rodado, así coma a reconstrución da rúa Peregrino tal e como estaba.

Actualmente incluso estamos xestionando e solicitando axuda económica a outros organismos para que ninguén diga que se trata dun problema económico. O único problema radica en que a ponte segue cortada dende fai sete anos e seguen sen buscar solucións. Hai xente, sobre todo dos negocios que se atopan nesa zona que están realmente aburridos deste tema e de que lle dean tantas voltas a un inicio que non chega. Nós non cambiamos e sempre apostamos polo proxecto de reconstrución e, de feito, só había que abrir o ensanche do río abaixo que é o que esixe a Confederación cando se aprobou o Plan Hidrolóxico.

Outro dos patrimonios de Sarria que continúa sen ningunha actuación e completamente abandonado é o muíño do Toleiro, sábese algo dende o Partido Popular?

O muíño de Toleiro comprouno fai anos a Xunta por 780.000 euros nunha operación que foi moi controvertida porque era unha cantidade de diñeiro moi alta, ademais de todos os proxectos que se anunciaron e que non se levaron a cabo. No ano 2015 houbo un convenio co Concello, que sigue vixente actualmente, polo cal pasaba a ser uso do Concello, quen ten a obriga de mantelo e coidalo. Ese convenio produciuse porque se iniciara a tramitación dun obradoiro de emprego para que o propio Concello, a través dese obradoiro rehabilitara ese inmoble. Esto foi no ano 2015 e, despois de 6 anos, aínda non se realizou ningunha actuación dende o goberno. De feito, no verán pasado acabou caendo unha parte e o interior está danado. Así mesmo, incluso houbo elementos patrimoniais que os levou a auga e que xa non están. Ahora resulta que se anunciou fai pouco, dentro das actuacións da secretaría xeral de turismo, unha actuación importante nel. O que non sabemos é se eso é viable porque o edificio na actualidade está practicamente en ruínas.

Como valoran o traballo que están a realizar dende o Concello de Sarria dende que comezou o mandato?

Nós somos moi críticos co goberno actual de Sarria. Sómolo porque somos a oposición e é unha das nosas funcións, pero intentamos ser unha oposición construtiva. Sen embargo, o goberno de Camiña Sarria para nós e un goberno basado nestes dous anos nas mentiras porque practicamente todo o que defende o alcalde é unha sucesión de mentiras respecto ao que prometeu antes das eleccións. Por exemplo, engadido ao da ponte Ribeira, denunciaba que Sarria levaba cinco anos sen presupostos, bueno, pois agora levamos sete. Non se presentou nin proxecto de presuposto.  De feito, hai declaracións públicas de Garrido decindo que un Concello que non teña unhas contas ao día e que non teña presupostos ao día, non é un Concello competitivo e é certo; pois él mentiu porque non foi quen de presentar un orzamento nestes dous anos que era o que iba a facer en teoría.

Os veciños contan con axudas?

Sarria é un dos poucos concellos sen axudas á veciñanza. Foi o único concello que non repartiu nin unhas máscaras entre a poboación. Estamos nunha situación moi difícil e non vemos nada do que se prometeu. Habíase prometido tamén un auditorio na Casa da Cultura e, sen vir a nada, desapareceu ese proxecto e compráronse unhas instalacións por un prezo absolutamente exacerbado e fóra de lugar. Vemos, desta maneira, unha absoluta falta de xestión na que non se prioriza todo o que se dixera que era prioritario.

E o tema da privatización do servizo eléctrico?

Esta é outra das cuestións máis relevantes pois aproveitouse a substitución dos leds, en vez de para facer un cambio de bombillas e de aforro enerxético para o pobo de Sarria coma fan todos os concellos, para facer un megacontrato privatizador cunha empresa de Valencia por 20 anos, que elimina aforro enerxético, elimina empleo público e todos beneficios van para esa empresa. De feito, a semana pasada o alcalde de Monforte deulle unha lección a Sarria: practicamente coas mismas leds, o sea co mesmo número de bombillas no rural que no urbano e con cuadros a cambiar, Monforte acaba de contratar cunha empresa local a substitución de todos eses puntos de luz por 3,2 millóns de euros e dice que se aforra sobre 300.000 euros ao ano e que xa empezan os beneficios para o propio concello ao segundo ou terceiro ano. O sea, en Sarria non vai haber aforro enerxético ningún porque hai que pagar o canon haxa ou non haxa ese aforro e, de feito, non coñecemos ningún concello que fixera isto.

Que temas ou actuacións consideran que son de preocupación local en Sarria? Que se debería cambiar nelas?

A principal é que Sarria leva sete anos sin contas públicas o que dificulta que o concello sexa algo competitivo. Ademais diso as xa mencionadas da ponte Ribeira, a privatización eléctrica que conleva a unha hipoteca de 20 anos para Sarria, o solo industrial, no que non se está realizando ningunha actuación e, coa situación actual, a falta de axudas a autónomos, turismo e familias. Sarria é o concello con menos axudas da provincia de Lugo. Todos os concellos dun tamaño similar ao de Sarria na provincia vemos como anuncian plan de activación económica e de impulso económico, sen embargo aquí, non se presta ningunha axuda quitando as da Xunta e así.

Como viron a xestión da covid por parte do Concello?

A xestión da covid foi mala por 2 motivos fundamentais. O primeiro a falta de axudas mencionada con anterioridade. A poboación non ten axudas do Concello, as que hai son doutros organismos. Así mesmo, foi incapaz de repartir máscaras. Ademais, sí que é certo que tivemos un momento difícil e triste polo que pasou a residencia no que consideramos que todo o mundo e, sobre todo, os traballadores fixeron o que puideron e máis, sen embargo, o que non entendemos é a falta de información por parte do concello en todo momento. Levamos dous anos para que se nos dean explicacións na xunta rectora que é o máximo órgano e que tan só se convocou dúas veces e, de feito, levamos meses pola información e documentación que pedimos. Eu penso que teñen que dar luz sobre como foi esa xestión. Sen embargo, non se nos da a información  algo que nos parece vergonzoso dunha institución que é de todos e que non debería ter nada que esconder. Se non hai nada que esconder non sei porque pasan meses e meses sen dar a documentación solicitada. Na última xunta rectora non se nos volveu dar e prometeusenos dende o presidente da residencia, que é o concelleiro de servizos sociais, e por parte do alcalde que ao día seguinte iba a estar todo colgado xa que non había nada que esconder. Pois levamos outro mes sen saber nada e aínda non se presentou ningún plan, ningún escrito, adxudicacións, etc, algo que nos parece preocupante e alarmante.