Skip to main content
Sarria

O Esmorga Fest cumple coas expectativas

Por 28 Xullo, 2021Sin comentarios

O Esmorga Fest voltou a Sarria un ano máis a través dun formato máis pequeno e diferente. O festival, celebrado no antigo campo de rugby do Chanto, acolleu a un público con gañas de pasalo ben respectando as medidas de seguridade.

O evento, de música alternativa que naceu de casualidade e que se mantén dende o ano 2015 en que se celebrou a primeira edición, celebrou o pasado sábado 24 de xullo catro concertos que comezaron a partir das 19 horas. O primeiro grupo que actuou foi Monteperdido, unha banda madrileña nada no 2019, que conseguiu transmitir a súa música e o sentimento aos espectadores. Xa ás 20 horas foi o turno de Depresión Sonora, cun ritmo que encheu o espazo de enerxía e boas vibracións.

Ás 21 horas foi o turno do grupo galego Holywater e, para rematar, ás 22.10 horas, os vellos coñecidos da escea de rock do País Vasco, Niña Coyote eta Chico Tornado, puxeron o broche final a unha xornada festivaleira diferente, agradable e amena na que a música foi a gran protagonista. Así mesmo, cumplíronse as normas sanitarias nun ambiente de ocio e seguro.