Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Pol organiza un campamento de verán

Por 5 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Pol organiza un novo campamento de conciliación para rapaces de 4 a 14 anos de idade.

O campamento terá lugar entre o 12 de xullo e o 8 de setembro en horario de mañá, de 10 a 14.00. horas.

Durante o mesmo desenvolveranse actividades artísticas, medioambientais, sociais, emocionais, de igualdade, deportivas, tecnolóxicas e excursións entre outras.

As prazas son limitadas e a inscrición debe realizarse antes de que remate o día de mañá, 6 de xullo, a través do rexistro do Concello. A selección realizarase en función da renda.

Darase máis información a través do teléfono 982 345 029.