Skip to main content
As Pontes

As Pontes continúa como punto estratéxico trala alianza de Reganosa e EDP Renovables

Por 1 Xullo, 2021Sin comentarios

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, realiza unha valoración moi positiva do anuncio da alianza entre Reganosa e EDP Renvobables para a materialización dun proyecto de enerxías renovables na comarca de Ferrolterra, cun investimento de 780 millóns de euros e que inclúe a construción dunha planta de hidróxeno e unha central hidroeléctrica de bombeo en As Pontes, así como os proxectos anunciados por Endesa para o futuro do municipio.

Así, o rexedor local, sinala que este proxecto “supón para As Pontes, para a comarca e para Galicia a constatación de que As Pontes foi durante moitos anos unha referencia en xeneración de enerxía convencional e que segue a ser un punto estratéxico no novo modelo enerxético da Unión Europea e do Estado”

“A confirmación dos proxectos que plantexan as grandes firmas enerxéticas como Endesa, EDP e Reganosa suporía converter a esta vila nunha referencia nacional do almacenamento e dixitaliziación da capacidade enerxética do sistema eléctrico” engade González Formoso, que de todos xeitos subliña que o importante e que estes proxectos “se concreten en realidades”.

Por outra banda, o rexedor local avanzou que estes proxectos contarán co apoio da localidade “sempre que adquiran tres compromisos irrenunciables: o compromiso cos afectados pola descarbonización, os empregados directos e indirectos da central térmica e cun colectivo moi afectado, como son os transportistas do carbón. Por outra parte, o compromiso co talento e o coñecemento da nosa mocidade para que teña oportunidades laborais en Galicia e non teña que emigrar. Por último, un compromiso coa sustentabilidade e o respecto ao medio no que se van a desenvolver estos proxectos estratéxicos de xeración de enerxía”

“Modelos de xeración enerxética a partir dunha nova tecnoloxía que está sendo unha gran aposta da Unión Europea e o Estado e tamén coa tecnoloxía de almacenamento e a dixitalización da enerxía como fórmula de garantir a eficiencia dunha materia prima vital para o noso modelo social” concluíu Gonzalez Formoso.