Skip to main content
As Pontes

Acordo nas Pontes para solicitar á Xunta unha reunión urxente sobre a continuidade do emprego

Por 11 Xullo, 2021Sin comentarios

O grupo de traballo por unha transición enerxética xusta reclama á Xunta de Galicia a convocatoria de inmediato, da reunión solicitada, o pasado 15 de xuño, para abordar a situación de incerteza na que se atopan os planteles das empresas auxiliares e ante a urxencia de tratar sobre a continuidade do emprego.

Asemade, desde o grupo local de traballo, no que están representados o Concello das Pontes, CC.OO, CIG, UGT, o comité de empresa de Endesa, Cohempo, Seara e a Asociación de Transportistas do Carbón, denuncian a absoluta indiferencia que están a sufrir os colectivos de traballadores vencellados á central térmica por parte da Administración Autonómica,  e subliñan a importancia de coordinarse Endesa, Xunta e Ministerio de Transición Ecolóxica na procura de solucións que condicionan o futuro de moitas familias da vila e da comarca.

ACAMPADA

A acampada dos traballadores da industria auxiliar da central térmica das Pontes fronte ao Consistorio desta localidade coruñesa cumprido este domingo a súa quinta xornada sen que se produciu ningún movemento por parte das administracións e a empresa. A elas, os operarios afectados reclaman “compromiso” para evitar traslados e despedimentos que, segundo denuncian os sindicatos que forman parte da Mesa das Auxiliares (CCOO, CIG, UXT), xa comezaron.

A protesta, que ten carácter indefinido, convocouse uns días despois de que o 30 de xuño finalizase a garantía de emprego acordada coa multinacional enerxética hai uns meses. Nas últimas semanas, as centrais sindicais han instado á empresa e tamén á Xunta e Goberno central a reunir de novo a Mesa de Transición Xusta para abordar unha solución, pero non obtiveron resposta. A acción tamén esixe unha saída para os transportistas do carbón.

Uns 200 traballadores dependen estas emrpesas auxiliares, 170 vinculadas á propia central e preto dunha trintena á actividade no porto de Ferrol.