Skip to main content
Ourol

O Concello de Ourol proxectará o filme María Solinha ao aire libre

Por 2 Agosto, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

Dende o Concello de Ourol vaise a levar a cabo a proxección do filme María Solinha ao aire libre contando coa presenza do director, Ignacio Vilar. Antes da proxección do filme terá lugar unha presentación ao público por parte do director, seguidamente proxectarase o filme e a continuación abrirase un coloquio co director.

Será o 8 de agosto de 2021 na praza detrás do Concello ás 22.15 horas e garantiranse todas as medidas de seguridade, aforo, hixienización, etc, derivadas da situación actual do COVID-19