Skip to main content
Deportes AMARIÑAXATrabada

Xa está operativo o sistema de reserva online da pista de pádel de Trabada

Por 13 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello de Trabada informa aos seus veciños que xa está operativo o sistema de reserva online da pista de pádel a través da páxina web municipal.

O sistema é moi sinxelo, xa que tan só é necesario entrar no seguinte enlace para reservar a pista de pádel durante 90 minutos: https://trabada.gal/reservas/?product=pista1

A reserva da pista e o pago realízanse de forma online. Posteriormente, é necesario recoller a ficha que abre a porta das instalacións no Concello de Trabada.

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, amosa a súa satisfacción “por proporcionar aos veciños e veciñas unha nova instalación deportiva para a práctica dun deporte en auxe como é o pádel”.

A pista está ubicada nas instalacións do campo de fútbol municipal, que estaba en desuso porque non cumpría as medidas reglamentarias.

Desde o Concello tamén traballan en impulsar e promover máis proxectos para este emprazamento, co fin de que contribúan a mellorar as dotacións públicas municipais e a fomentar os hábitos de vida saudables.