Skip to main content
Burela

Os nenos bureleses aprenderon a producir menos lixo

Por 25 Agosto, 2021Sin comentarios

As monitoras do Centro de Educación Ambiental Gaia acompañadas de Toñi Eijo, concelleira de Medio Ambiente, realizaron coas nenas e nenos Ocioteca na praza da Mariña unha actividade denominada Como producir menos lixo.

Desde Gaia explicaron que “con axuda dunhas fichas os nenos e nenas tiñan que realizar a lista da compra recortando cada un dos alimentos que necesitaban e pegándoos no seu carro da compra. As monitoras recalcaban as recomendacións para seguir á hora de comprar en canto a envasado e empaquetado dos produtos propoñendo alternativas sostibles como son a compra a granel”.

A edil de Medio Ambiente, Toñi Eijo, matizou que “cada día o consumo de plástico crece máis ata chegar a millóns de toneladas e son moitos os que descoñecen a cantidade de anos que tarda en descompoñerse. A súa desintegración é moi lenta, o que fai que sexa un material tremendamente contaminante para o planeta, polo tanto é necesario o uso de bolsas reutilizables que  proporcionan diversas vantaxes ambientais e económicas e permiten gardar os alimentos e outros produtos sen un empaquetado excesivo e innecesario que só xera residuos e un aumento do prezo”.

Nesta ocasión  Toñi Eijo entregou a cada participante unha bolsa reutilizable aportadas pola empresa Gadisa.