Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAViveiro

Arrinca o Resurrection Fest Limited

Por 26 Agosto, 2021Agosto 27th, 2021Sin comentarios

Arrinca hoxe o Resurrection fest coas bandas Kreator,  Angelus Apatrida,  No Turning Back,  Devil In Me e Aphonnic. O venres 27 de agosto será a quenda de Eluveitie, Jinjer, Crisix, Bala e  Bellako, e, o sábado, os asistentes poderán escoitar a While She Sleeps, Destruction, The Ocean, Landmvrks ou True Mountains. Tamén haberá retransmisións en directo dos concertos e de actuacións doutras edicións. Pódese consultar a información completa na páxina web www.resurrectionfest.es

Contará con todas as medidas de seguridade e prevención posibles seguindo a lexislación vixente actual e sempre atendendo á situación epidemiolóxica do momento. Esas medidas serán público sentado, aforo reducido, distancia social, máscaras, desinfección e, por suposto, “co aliciente do bo facer do noso público, sempre respectuoso en todo momento”.

Para máis información e as entradas haberá que consultar a súa web.

HORARIOS

Xoves 26

  • 17:05 – 17:35 Aphonnic
  • 17:55 – 18:45 Viva Belgrado
  • 19:05 – 20:05 Bala
  • 20:35 – 21:50 Angelus Apatrida
  • 22:30 – 00:00 Kreator

Venres 27

  • 17:00 – 17:30 Bellako
  • 17:50 – 18:40 Crisix
  • 19:00 – 20:00 The Ocean
  • 20:30 – 21:55 Jinjer
  • 22:35 – 00:00 Eluveitie

Sábado 28

  • 17:05 – 17:35 True Mountains
  • 17:55 – 18:45 Teksuo
  • 19:05 – 20:15 Landmvrks
  • 20:45 – 22:00 Destruction
  • 22:30 – 00:00 While She Sleeps