Skip to main content
Becerreá

Novo espectáculo de títeres en Becerreá

Por 9 Agosto, 2021Sin comentarios

O espectáculo Cousas da casa aterra en Becerreá o vindeiro sábado 14 de agosto. Trátase dun espectáculo de teatro infantil onde veciños e veciñas poderán acudir para gozar dunha actuación de humor dirixida aos máis pequenos.

A obra realizarase ás 18 horas na carballeira de Becerreá e chega a cargo da compañía Mircromina. Un espectáculo de títeres divertido, pícaro e tenro para exhibir en sala, rúa ou espazos atípicos e que realiza un percorrido por aqueles conceptos que nos permiten reflexionar acerca da igualdade entre mulleres e homes nos distintos ámbitos, con especial énfase na reincorporación profesional da muller despois de ser nai e a corresponsabilidade do home como pai nos ccoidados do novo membro da familia.

Unha actuación coa que se poderá gozar en familia, ademais de ser unha aprendizaxe para os espectadores.