Skip to main content
Becerreá

O BNG organiza en Becerreá unha charla sobre a situación do sector do vacún de carne

Por 24 Abril, 2024Sin comentarios

O BNG organiza este xoves 25 unha charla/debate en Becerreá onde se analizará situación do sector do vacún de carne e explicará as propostas que o BNG ten para este sector. Nela estarán Ovidio Montaña veterinario e concelleiro do BNG en Becerreá, Ariadna Fernández, veterinaria e deputado no parlamento galego polo BNG e Secundino Fernández técnico de extensión agraria e deputado no parlamento galego polo BNG.

“As políticas agrarias da xunta afondan na marxinación do noso sector agro-gandeiro, os prezos de venda da carne non varía mentres que soben os prezos dos pensos, dos agroquímicos, do gasóleo”, explicou Montaña. Na actualidade Galiza é deficitaria na produción agroalimentaria, importamos máis do que exportamos, as políticas agrarias e rurais non só afectan ás produtoras e produtores agrarios, senón ao conxunto da sociedade.

As políticas agrarias e rurais deben ir destinadas a garantir a sustentabilidade económica, social e medio ambiental da produción agroalimentaria nas zonas rurais. “Por iso para o BNG a Xunta de Galiza debe cambiar as políticas agroalimentarias que ten escoitar as produtoras que son quen realmente están no día a día do noso rural”, conclúe Ovidio Montaña