Skip to main content
Lugo

Volve a Feira de produtos do campo e artesanía da Milagrosa

Por 9 Agosto, 2021Sin comentarios

Xa se presentou o cartel da tradicional Feira de produtos do campo e artesanía da Milagrosa, que este ano se realizará nos días 17, 18 e 19 de setembro. A Feira, organizada pola Asociación de Veciños Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa, cumpre a súa 24ª edición e traerá consigo un ambiente festivo e tradicional.

Dende a organización, recordan que para que se cumplan as medidas sanitarias e para gardar as distancias, os stands estarán repartidos entre a praza da Milagrosa, a rúa Divina Pastora, Camiño Real, rúa Menorca e rúa Milagrosa.

Así mesmo, durante os días que se celebre a feira haberá actuacións folclóricas, con degustación de produtos da Provincia de Lugo así como exhibicións de artesáns.