Skip to main content
Monterroso

O Concello de Monterroso denuncia o abandono das vías de titularidade da Deputación

Por 12 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello de Monterroso denuncia o abandono e deterioro no que se atopan as vías de Monterroso de titularidade da Deputación.

Ademais, engaden que se produce especialmente no aspecto da limpeza de cunetas, de beirarrúas, así coma no corte da vexetación arbustiva dos bordos que invaden viais. Por esta razón, dende o Concello requeriron da súa limpeza inmediata en varias ocasións. “Nas condicións nas que se atopan supoñen un risco para condutores e viandantes que circulan por estos viais” defenden.

Así mesmo consideran que a esto hai que sumarlle o perigo que existe de incendios nestes meses de verán a causa da abundante maleza que hai nestas zonas.

“É inadmisible e intolerable esta actitude cos veciños de Monterroso que sofren a deixadez no mantemento das estradas que son de titularidade da Deputación cando aínda non se empezaron a limpar. Ocorre especialmente nas seguintes vías: a que une Monterroso co Marco, Monterroso con Tarrío de Buxergos, a que une Seteiglesias con Ligonde, a que une Marzàn con Montecalvo e a que vai para As Quendas”, declararon dende o Concello.

Por outra banda, destacan que dende o equipo de goberno, no que concerne as vías de titularidade municipal, “xa está executado máis do 70% do plan de desbroce de camiños e incluso as vías máis transitadas xa foron desbrozadas en dúas ocasións nesta anualidade pola importancia a hora de ofrecer seguridade aos monterrosinos”.