Skip to main content
Axenda SARRIAXATriacastela

Triacastela acolle varias actuacións culturais o 28 de agosto

Por 24 Agosto, 2021Sin comentarios

O vindeiro sábado 28 de agosto, coincidindo coa feira mensual de Triacastela, levaranse a cabo varias actuacións ao longo do día e dirixidas a todos os públicos. Desta maneira, a xornada comezará xa ás 13 horas co concerto Cántigas e Frores, o grupo de pandereteiros da consolidada agrupación lucense de música tradicional.

Xa pola tarde, a vila recibirá na praza da Deputación un contacontos, un espectáculo de pallasos e un de circo. En primeiro lugar, ás 17 horas, realizarase a o espectáculo de narración oral A verdadeira historia de Hamelín, que virá a cargo de MeRe Clown.

Bromas sen fin, participación do público e humor son as chaves desta adaptación circense do clásico conto O frautista de Hamelín no que se descubrirá o que sucedeu en realidade. A través do clown, os malabares, o xogo e a participación do público contaranos unha persoa presente alí mesmo como a aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de raros seres que molestane fan imposible a vida dos seus habitantes.

A continuación, ás 18.30 horas, a compañía The blues Grampas realizará o espectáculo Route 66, na que dous grandes músicos de Blues de prestixio mundial saen a escena coa intención de interpretar o seu clásico repertorio, sen embargo, tan só atoparán problemas e dificultades para realizalo. Un espectáculo de clown musical, para pequenos e maiores, que busca a risa constante e a interactuación co público.

Para finalizar a xornada, ás 20 horas, será o turno da actuación de circo e clown MeRe-cidamente, que virá a cargo de David Merelas. Finaliza así, unha xornada chea de espectáculos, de cultura e, sobre todo, de humor. Estas actuacións atópanse dentro dos programas Cultura no Camiño e Musiqueando 2021.