Skip to main content
Triacastela

O alumnado de Triacastela está a desenvolver un obradoiro artístico polas tardes

Por 12 Abril, 2024Abril 13th, 2024Sin comentarios

O alumando do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela estreou unha nova actividade extraescolar que consiste en elaborar un obradoiro artístico.

Esta iniciativa, impartida polo profesorado do centro todos os mércores de 15.45 a 16.45 horas, busca desenvolver a faceta artística de cada neno e nena.

Así, o alumnado ten que centrar a atención no deseño e na realización das maquetas que darán forma ao museo do patrimonio triacastelá que se poderá visitar nuns meses.