Skip to main content
Sarria

Continúan os movementos na Sarriana

Por 13 Agosto, 2021Sin comentarios

Continúan os movementos dentro do club da Sarriana para esta tempada que entra. Así pois, a Xunta Diretiva da SD Sarriana ven de ratificar, por acordo unánime, que Jose sexa o coordinador do fútbol base do Club.

Así mesmo, tamén se anunciou a renovación de Gerardo Carrera e a fichaxe de Iago Fernández, procedente do CD Velle e ex do CD Ourense.

Por outra beira, continúa aberto o prazo de inscrición no fútbol base da SD Sarriana para a vindeira tempada 21/22. A data límite é o xoves 26 de agosto e pódese acudir os martes, mércores e xoves de 17.30 horas a 20 horas na oficina do clube no municipal de Ribela.