Skip to main content
Sarria

Nova cita en Sarria na fin de semana

Por 31 Agosto, 2021Setembro 1st, 2021Sin comentarios

Sarria acolle o vindeiro sábado 4 de setembro a actuación Oh Olimpiadas!, un espectáculo de novo circo da compañía Pistacatro. Trátase dunha proposta fresca na que dúas limpiadoras ven como a súa rutina é retransmitida coma se dunha competición olímpica se tratara.

O espectáculo conta, ademáis, coa voz en off de Julia Luna, comentarista habitual dos mundiais de natación e dos Xogos Olímpicos de TVE. Estas situación cobran vida grazas á combinación de técnicas como a Danza, os portés acrobáticos e, por suposto, todo regado cunha boa dose de humor que da soporte a este mundo de disparate que construimos para o deleite de tódolos público.

A cita celebrarase na praza da vila de Sarria, ás 18.30 horas. Así mesmo, levaranse a cabo as medidas sanitarias correspondentes.