Skip to main content
Abadín

O Concello de Abadín inviste en camiños de Louside e Gontán

Por 10 Agosto, 2021Agosto 11th, 2021Sin comentarios

O Concello de Abadín licitará diferentes obras de mellora de camiños con cargo ao Agader. Así, investirán 84.814 euros que se destinará para o aglomerado de varias pistas e camiños como o de Louside e Gontán de Arriba.

Para estas obras utilizaranse 70.095 euros do organismo autonómico e 14.719 das arcas municipais. Os traballos consistirán na mellora e mantemento dos camiños nas citadas parroquias xa que se atopan en mal estado polas inclemencias meteorolóxicas e a súa antigüidade.

Procederase a compactación dunha capa de mistura asfáltica en quente de cinco centímetros e á posterior pintada da calzada, igualmente limparanse cunetas.

As empresas interesadas en facerse cargo destas obras teñen ata o luns 16 de agosto para presentar as súas ofertas, e o prazo de execución deberá ser dun mes.

 

 

Está previsto que as obras se inicien antes do verán, segundo indicou o alcalde.