Skip to main content
Abadín

A veciñanza de Abadín terá un curso para aprender a usar os caixeiros

Por 24 Abril, 2024Sin comentarios

Dando resposta as peticións dos maiores que ven limitado o uso do caixeiro ao non ter os coñecementos adecuados para levar a cabo as diferentes operacións e debido á redución das oficinas bancarias, o Concello de Abadín ofrece un curso sobre o manexo seguro dos caixeiros. Esta formación será o vindeiro 26 de abril ás 11.00 horas no salón de actos do concello.

Con esta iniciativa estase dando resposta a unha demanda dos veciños que poderán facer uso de maneira sinxela deste aparello bancario.

O curso está enmarcado no Programa de Educación Financeira no que se ensina a usar os caixeiros para facer as operacións máis habituais en calquera momento.