Skip to main content
Abadín

Celebran en Abadín unha charla sobre produtos de apoio para persoas maiores

Por 21 Abril, 2024Sin comentarios

Abadín acolle este mércolres, 24 de abril, unha charla sobre produtos de apoio dirixida principalmente ás persoas maiores do termo municipal.

Na sesión, que terá lugar no salón de actos a partir das 11.30 horas, falarase de qué é un produto de apoio, quen pode utilizalos, para qué se utilizan e nde e como se poden conseguir.