Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAMuras

Ourol, Muras e O Vicedo terán un obradoiro conxunto de emprego

Por 13 Setembro, 2021Sin comentarios

Está previsto poñer en funcionamento próximamente un Obradoiro de Emprego conxunto para os concellos de Ourol, Muras e O Vicedo denominado Terras do Sor V.

Os participantes deste obradoiro recibirán formación que poderán acreditar cun certificado de profesionalidade nas especialidades que se impartan, ao tempo que terán acceso a un contrato de traballo durante a súa participación na actividade.

A duración do obradoiro é de 9 meses e o número de alumnos participantes é de 20, correspondendo 6 a este Concello distribuídos nas especialidades de traballos de carpintería e moble e de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, en ambos serán 3 alumnos por curso.

Para participar neste obradoiro as persoas interesadas terán que estar inscritas na Oficina de Emprego de Viveiro como desempregados e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que se establecerán nas bases da convocatoria respectivas.

Para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio requirirase ter unha titulación mínima: ESO, Competencias Clave ou equivalente.

Está previsto ademáis a contratación de persoal directivo e docente de apoio consistente nun director/a, tres monitores/as e un administrativo/a.

Os interesados/as deberán pasar canto antes polo Concello de Ourol ou a Oficina de Emprego de Viveiro para inscribirse específicamente para Obradoiros de Emprego e nunha das dúas especialidades en concreto.

A data prevista de inicio do obradoiro é o 15 de outubro de 2021