Continúa o verán na Guimaralia co concerto de Xerezade
O verán cultural na Guimaralia prolóngase debido aos aprazamentos dalgúns concertos inicialmente programados para agosto.

17 Sep 2021
O verán cultural na Guimaralia prolóngase debido aos aprazamentos dalgúns concertos inicialmente programados para agosto.
Desta maneira, o Concello da Pobra do Brollón acolle no día de mañá, sábado 18 de setembro, o concerto do grupo Xerezade.
A cita levarase a cabo a partir das 19.30 horas no Kioskito, na área recreativa Samugueiros da Pobra do Brollón. A entrada é de balde pero é preciso reservar no número de teléfono 666 184 721.
