Skip to main content
Lugo

As piscinas cubertas lucenses terán un sistema pioneiro de tratamento de auga

Por 4 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello instala nas piscinas cubertas un sistema pioneiro de  tratamento de auga máis beneficioso para a saúde e o medio ambiente. O tratamento utílizase tanto nas pisci nas de Frigsa como das Pedreiras.  

Este sistema de tratamento de auga mediante luz ultravioleta reduce o uso do cloro ata  un 75%, “o que, entre outros moitos beneficios, suporá unha mellora para os usuarios e traballa dores das instalacións con problemas respiratorios, de pel ou de irritación de ollos, aos que a  acción do cloro lles prexudica”, sosteñen dende o Concello.  

Ademais das vantaxes para a saúde, suporá incrementar a eficiencia enerxética, xa que conleva rá aforros importantes en renovación de auga e de quecemento da mesma, “co que contribuiremos á mellora medioambiental e minoraremos os custes económicos”, aclaron, e “tamén nesto damos pasos cara o modelo de cidade sostible e verde na  que estamos a traballar, á vangarda na loita contra o cambio climático”.  

Con este sistema, no que se investiron 50.658 euros, “na área de Deportes continúamos a mello rar as dotacións municipais co fin de ofrecer aos usuarios unhas instalacións deportivas, neste  caso acuáticas, de calidade”, engadiron.