Skip to main content
Axenda CaducadaAxenda LUGOXALugo

Camiño Escena Norte chegará a Lugo

Por 14 Setembro, 2021Setembro 19th, 2021Sin comentarios

A terceira edición do programa de intercambio artístico e profesional Camiño Escena Norte achegará, como vén facendo dende o 12 de setembro e até o 10 de outubro, numerosas propostas escénicas de diversas disciplinas e formatos por nove localidades galegas.

Este proxecto pretende, por terceiro ano consecutivo, expandir e dinamizar o sector escénico que se vertebra arredor do territorio que percorre o Camiño no Norte da península.

Unha das actuacións previstas será en Lugo onde, A66 Producciones de Asturias representará Abre el ojo, de Francisco de Rojas Zorrilla o día 19 de setembro ás 18.30 horas no auditorio Municipal Gustavo Freire. Terá entrada libre previa reserva e está dirixida a un público a partir de 15 anos. Ao finalizar a función, haberá encontro entre o público asistente e a compañía.