Skip to main content
Lugo

O PP propón que Lugo sexa un destino de Turismo Inclusivo desde 2021

Por 16 Setembro, 2021Sin comentarios

A concelleira popular Beatriz Vázquez propón ao bigobierno unha estratexia de traballo coordinada, entre as áreas nacionalistas de cultura e de vías e obras e as socialistas de servizos sociais e urbanismo, para promover un Plan Estratéxico de Turismo Accesible.

A idea é que Lugo, cos seus tres patrimonios da humanidade, sexa un Destino de Turismo Inclusivo a partir deste 2021 “de forma que calquera persoa, poida gozar sen impedimentos de todos os servizos turísticos que ofrece esta cidade”. Ao reforzar a percepción de Lugo como destino turístico accesible tamén se daría unha lombeirada para impulsar o centro histórico como Patrimonio da Humanidade.

Esta reflexión coincide coa celebración, dentro duns días, do Día Mundial do Turismo, que se celebra este 27 de setembro, e cuxo lema para este ano 2021 é “Turismo para un crecemento inclusivo”.

A concelleira popular avanzou que presentará no pleno unha batería de propostas en positivo que inclúen diferentes accións que se deberían de implementar desde o Concello, e que afectan a distintos servizos da cidade.

Entre as actuacións que suxiren os populares destaca:

  • A elaboración dunha GUIA de Servizos para o Turismo Accesible de Lugo na que se inclúan, por exemplo, que lugares de pernoita están ben adaptados, que servizos de restauración ofrecen menús para necesidades sanitarias particulares, localización de museos e edificios de patrimonio municipal, de zonas verdes accesibles, etc.
  • Traballar para que todas as instalacións deportivas de a cidade sexan accesibles para todos, por exemplo, poñer elevadores nas piscina de verán de Frigsa
  • Ofrecer un servizo de Guías Turísticos Especializados na atención a persoas con distintas discapacidades,
    Ofrecer un servizo de préstamo de sistemas de locomoción especializados para estes turistas,
  • Elaborar material específico para os Museos Municipais, por exemplo réplicas que se poidan tocar, audiovisuais subtitulados en varios idiomas …,
  • Habilitar baños públicos adaptados para persoas con discapacidades graves e complexas que, doutro xeito, non poderían gozar dun día no centro da cidade.
  • Desenvolver unha guía que permita chegar co transporte público aos sitios turísticos para persoas con discapacidade visual ou auditiva, etc.

O grupo municipal do PP está a manter contacto con entidades que traballan con persoas con discapacidades co ánimo de enriquecer este documento “que está aberto á participación de todos os grupos políticos así como entidades sociais”. Beatriz Vázquez recalcou que “moitas delas xa manifestaron o seu interese nesta proposta e ofreceron a súa axuda, xa que realmente búscase que estas melloras non só sexan para os turistas, se non para beneficio de todos os lucenses”.