Skip to main content
Lugo

Adxudicadas a actualización do proxecto para a ronda Leste de Lugo

Por 18 Setembro, 2021Sin comentarios

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por 155.400 euros o contrato para actualizar o proxecto que completará a Ronda Leste de Lugo.

Estímase un prazo de execución de 20 meses para as distintas fases, incluído o período de información pública, presentación de alegacións, informes preceptivos doutras administracións e redacción final do proxecto construtivo.

O contrato inclúe a realización dun estudo inicial das necesidades de actualización, tanto normativas como de trazado. Dacordo coa programación prevista, a empresa adxudicataria -a Ute Temha S.L.-Noega Ingenieros S.L.- terá o documento inicial para sometelo a información pública en sete meses.

Deste xeito, o Goberno galego avanza para materializar esta actuación, que permitirá completar os 2,8 km entre a estrada autonómica LU-530 e a N-VI e poder pechar o cinto de circunvalación de Lugo. Estímase que o novo treito terá unha intensidade media diaria de máis de 16.000 vehículos ao día.

A futura infraestrutura restará tráfico das rúas da cidade, mellorará a mobilidade e favorecerá especialmente a accesibilidade cara ao hospital Lucus Augusti. A Rolda Leste ten un treito en servizo de 2,41 quilómetros, entre a N-640 e a LU-530, cunha intensidade de tráfico entre 6.000 e 8.400 vehículos ao día.