Skip to main content
Lugo

Arroxo visitou a USC para coñecer un plan de mobilidade elaborado por estudantes

Por 24 Setembro, 2021Sin comentarios

O tenente de alcalde e responsable da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou o campus de Lugo para coñecer un proxecto de mobilidade sostible elaborado por dous estudantes do grao de Empresa e Tecnoloxía que se imparte na facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo. O Tenente Alcalde realizou esta visita acompañado da Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montse Valcárcel e un representante da facultade de ADE.

Rubén Arroxo destacou o proxecto presentado por estes dous estudantes como unha mostra “da gran capacidade creativa das e dos estudantes do Campus de Lugo” e destacou que “desde as institucións traballamos para consolidar á universidade como un gran polo de coñecemento que poida sacar adiante proxectos para mellorar a vida de toda a veciñanza”.

O proxecto consiste nun sistema de mobilidade sostible a través de patinetes eléctricos, “unha proposta interesante especialmente na semana europea da mobilidade, cando toca esforzarse para convencer á veciñanza para que utilice medios de transporte alternativos”.